Debuxar o mundo

Xogar, crear, compartir

Esta obra xorde da experiencia dos autores como artistas e profesores nunha facultade de formación de profesorado. Partindo do debuxo como un medio espontáneo, ubicuo, democrático e inherente ao ser humano, examinan a práctica artística e educativa do debuxo.

O libro recolle as propostas de debuxo froito da súa investigación artística levadas a cabo con nenos e nenas de infantil e primaria en colaboración con escolas, familias e colectivos interesados en metodoloxías activas. Agrúpanse en catro apartados: volver debuxar (pensadas para que as persoas adultas que traballan coa infancia recuperen o debuxo), contar debuxando (experiencias onde conviven palabras e imaxes), xogar debuxando (o debuxo a través do xogo) e concienciar debuxando (debuxo activista).

Todas elas comparten como de características o incidir na idea de proceso (descubrir formas de facer abertas que non buscan un único resultado); experimentar con diferentes materiais, técnicas e linguaxes artísticas; favorecer a creación dun imaxinario e estilo persoal apartándose de respostas estereotipadas; e educar o sentido estético.

Ano Publicación 2021

17,10 

error: Content is protected !!
0
    0
    Tu cesta
    Tu cesta está vacíaVolver a la tienda