Pequenas historias para falar de emocións e sentimentos

Pequenas historias para falar de emocións e sentimentos

Sabemos como explicar Xeometría ou Historia da Arte, pero como falar de sentimentos? Como abordar a complicada mestura que nos nace dentro do corazón coas emocións provocadas polos acontecementos, os pensamentos, os amores, as esperanzas, en definitiva, por todo o que nos vai pasando na vida?

Neste libro, a autora, profesional da educación de longa experiencia (traballou durante moitos anos en aulas hospitalarias), explícanos como abordar o complexo mundo das emocións e dos sentimentos para, ademais de saber como tratar con elas, saber como entendelas, xestionalas e, no fondo, vivir mellor.

Un texto útil que nos permitirá entendernos mellor.

Aparte final do libro, ademais, contempla unha fermosa sorpresa literaira e artística…

Sobre a Autora:

Profesora, impartiu aulas en diversos centros do Ensino Público, en diferentes niveis. Exerceu nos últimos dez anos o seu labor dentro da Pedagoxía Hospitalaria. Sempre manifestou unha especial sensibilidade cara á Educación en Valores e a Educación Emocional. Dedicou gran parte do seu tempo a afondar neste terreo, como queda constancia nos numerosos cursos, congresos, seminarios e grupos de traballo aos que asistiu, coordinou ou dos que foi relatora, así como polos proxectos desenvolvidos nos centros polos que pasou, algúns deles primeiros premios de Innovación Educativa. Escribiu artigos relacionados con esta temática. Un dos seus proxectos sobre a arte e as emocións foi premio CREARTE do MEC.

14,20 

error: Content is protected !!
0
    0
    Tu cesta
    Tu cesta está vacíaVolver a la tienda