Sainza a Punkiereteira

Este libro infantil cóntanos as peripecias de Saínza, e como se converte nunha Punkiereteira.

A Saínza Loureiro non lle gusta moito durmir, os ruídos fortes, o exceso de brillo ou as pilas de preguntas. Prefire correr entre carballos, respirar o aire limpo ou mirar o ceo intensamente azul. Por suposto, é unha amiga inmellorable, forte coma un carballo e loitadora incansable contra a inxustiza.

Saínza é unha rapaza atrevida, alegre, dinámica e loitadora.
Defendes a natureza? Saínza tamén.
Gústache a música? Toques modernos? A Saínza tamén.
Es unha persoa comprometida? Saínza, a máis.
Defendes as túas amizades? Ela é unha das mellores…
Sainza é a protagonista dun libro! e sacámola do seu mundo, para que se estenda a súa semente… ¡Viva Saínza!

Escrito por María Canosa e ilustrado por Cristian F. Caruncho
ano publicación 2022

16,90 

error: Content is protected !!
0
    0
    Tu cesta
    Tu cesta está vacíaVolver a la tienda