Máis aló do azul e do rosa
Cómo prevenir a desigualdade de xénero e a violencia machista desde a familia
Malia todo o que se avanzou nos últimos anos en cuestión de igualdade entre homes e mulleres, queda aínda moito camiño por andar. E boa parte desa andaina ten que facerse dende o ámbito doméstico, dende as casas, dende a acción educativa das nais e dos pais.
Non é un labor doado, porque os medios de comunicación, e tamén os de ocio (cine, videoxogos…) insisten en perpetuar unha imaxe estereotipada da muller, idealizando a súa beleza e cousificando a súa sexualidade. Mais dende o fogar podemos facer moito. A autora ofrécenos dunha maneira sinxela e moi clara estratexias concretas para previr a desigualdade de xénero e a violencia machista dende a familia.
Año Publicación 2016
Sobre a Autora:
É licenciada en Psicoloxía e Máster en Medios de Comunicación. Desde 1998 exerce como orientadora educativa. É colaboradora de La Voz de Galicia, onde publica artigos dirixidos a familias dentro do suplemento La Voz de la Escuela. É autora de “Orientación Educativa: 100 claves para pais e profesores”. Creadora da sección web “Os fillos: instrucións de uso” dentro da canle educativa da Fundación Barrié, onde publicou series monográficas con enfoque práctico dedicadas á estimulación da intelixencia e o talento, o desenvolvemento físico, emocional e intelectual e a cratividade, entre outros. Colabora de forma habitual con outros medios de comunicación e o tempo libre dedícao a gozar da súa familia, as viaxes e a naturez
14,20 €